Muxía accede a máis de 60.000 € de fondos Next Generation para accesibilidade

1 minutes read

O Concello de Muxía accederá a máis de 60.000 euros dos fondos Next Generation para acometer actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal.

Nesta ocasión, as obras financiadas cos fondos europeos consisten en melloras de accesibilidade no edificio da casa consistorial que, cun investimento de 48.051,51 euros, cubrirá o 100% da inversión necesaria, o que implica un gasto cero para as arcas municipais.

Así, a través desta axuda, o executivo consegue financiación para executar dous proxectos: mellora da accesibilidade en instalacións municipais e instalación de tótems de autoxestión de información turística, que serán instalados nas vindeiras semanas e contan cun investimento de máis de 15.000 euros.

Tras o anuncio, o alcalde, Iago Toba, destacou que «pretendemos impulsar máis proxectos a cargo de fondos europeos, pero este comezo xa implica que Muxía contará con actuacións importantes a custe cero para as arcas do concello”.

“Estas melloras son mostra do compromiso que ten este equipo de goberno por mellorar a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida en edificios municipais, para que poidan ter as mesas facilidades que o resto de persoas usuarias”, rematou.