Muxía | Acción de limpeza na praia de Espiñeirido da man da asociación Comarea

0 minutes read
  • Será este sábado 22 ás 12:00 horas

A asociación xuvenil Comarea volve a poñer en marcha unha actuación de limpeza no concello de Muxía, neste caso na praia de Espiñeirido e tamén no Coído da Cetárea. Será este sábado, 22 de maio, ás 12 horas. O aforo é limitado e será preciso anotarse chamando ao 666903627.

«Esta será unha práctica que virá para quedarse», sinalan desde a agrupación, por iso barallan realizar esta actividade unha vez ao mes. Esta iniciativa forma parte do proxecto «Augas Limpas na Ría de Camariñas», coordinada pola asociación Mar de Fábula.