Exposición fotográfica en Muxía, ’15 visións – Express- Arte’

1 minutes read

O Concello de Muxía acolle ate o 22 de novembro a exposición fotográfica «15 visións – Express-Arte» que se pode visitar na Sala da Camposa (Edificio de Servizos Múltiples municipal), en horario de 11.30 a 13.30 horas.

Esta mostra foi creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e impulsada pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

Dito programa buscou fomentar o empoderamento das mulleres, facilitar o seu coñecemento sobre o mundo empresarial, mostrarlles as posibilidades do autoemprego e desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes.

É un traballo artístico realizado por 15 mulleres vítimas de violencia de xénero versionando obras de arte recoñecidas na historia, como «A Gioconda», de Leonardo da Vinci, ou «La maja vestida», de Goya. Ditas fotografías ofrecen unha perspectiva diferente baixo o prisma de xénero das realidades que son representadas nesas imaxes.

A exposición foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia dentro do programa de actividades que ofertan ás entidades locais en colaboración coa FEGAMP.