Muxía | Inauguración de varias exposicións fotográficas sobre o Camiño de Santiago este sábado

0 minutes read
  • O evento iniciarase ás 13 horas no Salón de Actos do Voluntariado

O Concello de Muxía celebrará este sábado, 26 de xuño, o acto de inauguración da exposición El Conocimiento en el Camino de Santiago, da Liga de Periodistas del Camino de Santiago, e tamén o da mostra fotográfica Camiño Fisterra-Muxía de Xesús Búa.

Ao evento, que terá lugar no Salón de Actos do Voluntariado ás 13:00 horas, acudirán os tres membros do equipo de goberno así como Luis Menéndez, presidente da Asociación de Periodistas de Santiago, entre outros.