Muxía | Posta a punto do paseo fluvial do río Negro grazas ao obradoiro xuvenil de emprego

1 minutes read
  • Paralelamente estanse adecuando elementos de sinalización dos propios muíños

A piques de comezar a tempada estival, no concello de Muxía continúan as intervencións de limpeza e acondicionamento de diferentes espazos públicos e áreas recreativas. Neste caso, foron os alumnos do obradoiro xuvenil de emprego conxunto (no que participan os municipios de Muxía, Camariñas e Vimianzo) os que puxeron a punto a zona do río Negro coa mellora do paseo fluvial. Entre outras intervencións tamén se están substituíndo os elementos rotos ou deteriorados polas inclemencias meteorolóxicas.

Paralelamente a estes traballos estanse realizando melloras de elementos decorativos dos propios muíños como os paneis de sinalización, ademais da limpeza da madeira tratada. Tamén está previsto que se actúe na pasarela da praia dos Muíños.