Muxía solidarízase cos traballadores do Hospital de Cee donando 1.000 traxes de protección e 250 gafas

1 minutes read
  • A agrupación reuniu máis material que será entregado nas vindeiras horas

A veciñanza do Concello de Muxía mostrouse solidaria cos profesionais que están traballando no Hospital Virxe da Xunqueira en Cee, que a primeira hora da mañá deste venres facía un chamamento debido á escaseza de material sanitario no centro.

En total, no municipio de Muxía conseguiron reunir en escasos minutos 1.000 traxes de protección e 250 gafas que foron entregados no complexo hospitalario por membros de Protección Civil da localidade e tamén polo alcalde, Iago Toba.

Desde Protección Civil queren agradecerlle á todos os veciños as mostras de apoio, debido a que se seguiu doando máis material que está a recaudo na base da agrupación para ser entregado nas vindeiras horas.