Muxía | Todo preparado para este San Xoán | ‘Muxiup! Young’ e ‘Muxiup! Senior’

1 minutes read
  • Durante o verán haberá exposicións, concertos, actividades en varias parroquias e unha sesión de autocine.

O Concello de Muxía presentou a segunda edición de MuxiUp, a programación de verán que achegará á localidade actividades deportivas, de ocio e culturais. Sen dúbida o protagonista será, ao igual que o ano pasado, o parque de atraccións, que estará aberto ao público o próximo día 23. Situado no porto de Muxía, o día da inauguración a rapazada de Muxía poderá acceder ao mesmo de xeito gratuíto e cantas veces queira.

Promo.

Outras das sorpresas deste ano é a programación de dúas festas: a ‘Muxiup! Young’ (24 de xuño), que contará coas actuacións da discoteca móbil Impacto e un DJ invitado; e a ‘Muxiup! Senior’ (25), onde se combinará o espectáculo da orquesta ‘Noche de Estrellas’ e a Impacto de novo.

A programación deste ano é moi completa e está adaptada a todos os públicos. Durante todo o verán haberá exposicións, mostras de artesanía, ioga na praia, espectáculos, concertos, actividades nas parroquias e o xa tradicional autocine de Muxía, onde se proxectará a versión familiar do filme ‘Pinocho’.