Nace unha web para acceder á información sobre a da Lei de recuperación da terra agraria

1 minutes read

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, puxo en marcha unha web para acceder a toda a información relativa ao desenvolvemento e aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, en vigor desde o ano pasado. O denominado Sistema de Información de Terras de Galicia (Sitegal: https://info-sitegal.xunta.gal/gl) está a integrar xa todos os datos relativos aos diferentes instrumentos de ordenación, de mobilización e de recuperación de terras regulados na norma, uns datos que irán aumentando a medida que as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta se sigan estendendo por toda a comunidade.

Así, froito da colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e co Instituto de Estudos do Territorio, nestes momentos dende a nova web de Sitegal pódese acceder a sete seccións distintas, desde as que se poden descargar 723 arquivos correspondentes a documentos, mapas, vídeos e presentacións. Os obxectivos principais son garantir a transparencia sobre todos os traballos que se están a levar a cabo nos distintos instrumentos e fomentar a participación pública para continuar coa súa posta en marcha.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?