“Nada se sabe do Xacobeo”, afirma o PSdeG

1 minutes read

A voceira de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, aseverou que “nada se sabe do Xacobeo, o gran mirlo branco da Xunta para o sector cultural”. Así, lembrou que o goberno galego tiña “todo fiado a un magno acontecemento que xa non vai ser o previsto” por mor da crise da covid. “Xa llo advertimos, e agora que?”, subliñou. A responsable socialista propuxo á Xunta “adaptar boa parte dos fondos” dedicados a iniciativas que formaban parte do Xacobeo 2021 e que xa non van poder desenvolverse e “reorientalos cara a novas propostas”, xa que reprogramar todo cara aos meses vindeiros “significará unha sobresaturación do calendario” e “non solucionará nada”.