Nadia Calviño cre que hay marxe para aumentar a recadación fiscal

1 minutes read

A ministra de Economía y Empresa indicou que «é importante facelo nun momento de crecemento económico para estar preparados de cara ao futuro». «Queremos ter un sistema fiscal do século XXI, que sexa progresista, que teña unha imposición sobre as actividades dixitais das grandes plataformas e polo tanto garanta que non haxa unha competencia desleal ou desigual entre competidores» dixo Calviño.

Nadia Calviño, estivo este domingo en Santiago para arroupar aos candidatos e candidatas da bisbarra compostelana ás vindeiras eleccións locais. Destacou “o resultado histórico” do PSOE en Galicia e chama a repetir a mobilización das xerais “para conseguir que a transformación chegue aos concellos”.