19
Este sábado 14 de xaneiro en horario de tarde, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acolleu a 3ª Xornada da Liga Galega de Natación Alevín. A competición levouse a cabo dende as 16:00 horas e contou coa presenza de 8 equipos da zona. Ademáis do A.D. Fogar, viñeron a Carballo o C.N. Coruña, o C. do Mar, o S.C. Casino, o C.N. Liceo, o C.N. Culleredo, o C.N. Oleiros e o C.M. Artabria; entre os que se movilizaron a un total de 78 nadadores-as, 45 rapazas e 33 rapaces.