O domingo día 17 de marzo de 2019 a Piscina Municipal Carballo Calero albergará a X Edición do Memorial Gerardo Steudel, reconvertido esta tempada en Campionato Galego de Fondo no que tomarán parte 22 equipos representados por 121 Mestres, 52 mulleres e 69 homes. A organización da competición corresponde á Federación Galega de Natación e a AD.Fogar en colaboración con Concello de Carballo e Carballo Deporte. A pileta estará dispoñible para os nadadores desde as 9:00 horas coa quenda de quecemento que se estenderá ata as 10:00, momento no que comezará a competición coas 6 series dos 1500 libres mixtos. Acto seguido disputaranse as 5 series restantes dos 800 libres tamén en formato mixto. Os de Carballo e Oleiros tomaran parte con 5 nadadores, 1 muller e 4 homes, dos cales 2 nadarán a distancia dos 1500 e os 3 restantes a de 800.