49
- Será na sala de conferencias da Casa da Cultura a partir das 19:30 horas
Continúan as presentacións literarias no Concello de Vimianzo. Se a pasada fin de semana Alejandra Rama estreaba a súa primeira novela Poesía Vivencial, este sábado tócalle á tamén escritora local Natalia Lema, que presentará o seu novo libro Do amor e o delirio. Será na sala de conferencias da Casa da Cultura.
A obra é un poemario repleto de versos sobre o amor, a paixón e o desexo que precede a Baos, unha recompilación de relatos sobre unha aldea anegada e Prevención de riscos agrarios na Costa da Morte, que versa sobre os problemas laborais no sector primario.