Navantia e Defensa asinan a orde de execución das fragatas F110 en Ferrol

0 minutes read

O Ministerio de Defensa e Navantia asinan a orde execución das 5 fragatas F110 que comezarán a construírse proximamente na ría de Ferrol. Garantirán unha carga de traballo estable, polo menos durante dez anos. É, ademais, unha nova xeración de fragatas que contribuirán á modernización e ao desenvolvemento tecnolóxico do estaleiro ferrolán. Case o 80% das subministracións que se precisen para a súa construción compraranse a empresas españolas.