Xa van 30 anos desde que Carballo está vencellado coa vila francesa de L´Isle Jourdain. A chegada dun grupo de franceses será a oportunidade dun novo encontro para o intercambio cultural e facer novas amizades nesta próxima primavera.
Dende a organización informan de que precisan familias de acollida para a visita que terá lugar entre o 12 e o 16 abril de 2024. Non é necesario falar francés, xa que as persoas que veñen de visita tamén falan diferentes niveis de español. Por outro lado, traen previsto un programa de actividades culturais, polo que parte do tempo estarán de viaxe visitando os lugares turísticos dos arredores.
Se estás interesado en participar como anfitrión, podes contactar coa Asociación de Irmanamento con L´Isle Jourdain no teléfono 652 14 19 80.