Néstor Rego comprométese a defender os intereses da clase traballadora galega no Congreso

1 minutes read

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, avanzou as liñas de traballo que levará adiante a formación nacionalista na cámara baixa no comezo do novo curso político que estarán centradas en lograr alternativas de benestar que favorezan as maiorías sociais e a clase traballadora galega. Así mesmo, estabelece como prioritario o cumprimento íntegro do acordo de investidura, o incremento do compromiso do Goberno do Estado nos Orzamentos Xerais do Estado e levar a cabo políticas realmente progresivas e transformadoras. A suba do salario mínimo, a baixa do prezo da luz ou as peaxes nas autoestradas, seguen estando na axenda do BNG para que o Goberno de Pedro Sánchez cumpra con Galicia.