Nin Bergantiños nin Paiosaco logran pasar do empate nos seus primeiros partidos de 2024

1 minutes read

Bergantiños 1-1 Alondras | Repartición de puntos en Carballo nun partido de máxima igualdade. Aos trinta minutos de xogo un pase longo de Álex Ramos desde o círculo central atopou a Isra Pérez á carreira, que sacou un centro raso entre os defensas e o porteiro do Alondras. No segundo pau estivo moi atento Musy para bater a Dani Ruiz e anotar o 1-0 no marcador, resultado co que se chegou ao descanso. Tras a continuación, aos doce minutos, o Alondras sacou un centro desde o costado esquerdo, perfecto para a cabeza de Agujetas que rematou libre de marca no bordo da área pequena establecendo o empate no marcador, resultado co que concluiría o encontro nas Eiroas 1-1. 

Paiosaco 0-0 Barbadás

Partido eslamiado o vivido este domingo na Porta Santa, o Paiosaco atopouse un rival defensivo e forte, un Barbadás que tampouco elaborou xogadas de perigo, nunha xornada fría e sen goles, 0-0.