‘Nit Mediterrània’, de Ángel Zabala, xa está instalada na lonxa vella de Camariñas

1 minutes read
  • Este sábado pola mañá tivo lugar a inauguración da obra

A lonxa vella de Camariñs acolleu na mañá deste sábado a inauguración da instalación ‘Nit Mediterrània’, do artista pitiuso Ángel Zabala, que estará exposta indefinidamente no interior do edificio que pronto será rehabilitado para albergar o futuro do museo dos naufraxios. A obra poderá verse só desde o exterior a través dun cristal instalado previamente.

No acto inaugural participaron o propio artista; a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro; o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño; e o comisario, Antoni Torres.

Esta instalación, formada unicamente dunha peza, invita a reflexionar sobre o drama da emigración ilegal e as duras condicións da viaxe que realizan milleiros de persoas ao atravesar o mar en busca dunha vida mellor.