Nivel máximo de restricións en Ordes e Monforte | Así quedarán os niveis desde este sábado


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou das decisións adoptadas polo comité clínico, na que se acordou o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Ordes e Monforte de Lemos.

Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade remarcou que a situación epidemiolóxica de Galicia continúa rexistrando unha “lixeira melloría”, seguindo coa boa evolución das últimas semana.

Con todo, explicou que esta evolución “é desigual por concellos”, lamentando a previsible repunta de novos gromos nos próximos días, por mor das pasada ponte, e a celebración de festas patronais nos distintos municipios galegos. Por este motivo, e tras avaliar a situación epidemiolóxica do conxunto de concellos galegos, o grupo de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia, acordou establecer o nivel máximo de restricións nos concellos de Ordes e Monforte de Lemos.

Ademais, fixou o nivel alto de restricións para os concellos de Fisterra, Laxe, Muxía, Betanzos, Cee, Sada, Camariñas, Vimianzo, Carral, Cerceda, Pontedeume, Ares, Cariño, Melide, Trazo, Rábade, Castro de Rei, Meira, A Pastoriza, O Saviñao, Pantón, Sober, O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, A Rúa, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Nigrán, O Rosal e A Cañiza.

As medidas do nivel medio rexerán nos municipios de A Coruña, Zas, Coirós, Corcubión, Carballo, Ponteceso, Oza-Cesuras, Cambre, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Miño, Fene, Narón, Cabanas, Mugardos, Ferrol, Santiago de Compostela, Rianxo, Boiro, Silleda, Santa Comba, Oroso, Porto do Son, Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Begonte, Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Verín, A Lama, Marín, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Bueu, Vigo, Gondomar, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Arbo, As Neves, Tui e Tomiño.

Os resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 28 de agosto.