Noelia Cacheiro será adestradora na primeira división do baloncesto británico

1 minutes read

A Ourensá leva anos compaxinando a súa formación académica co baloncesto. Os últimos catro, na universidade de Newcastle que ten un equipo na máxima categoría, no que Noelia pasa de xogadora a adestradora. E isto é algo pouco habitual, tamén no Reino Unido.

O baloncesto medrou moito no Reino Unido. A selección feminina fixo un gran papel no último Eurobasket.

A Noelia gustaríalle incorporar xogadoras galegas ao seu equipo. A universidade de Newcastle ofrece bolsas de estudos.O seu obxectivo é manter o nivel do equipo na Premier. Ir paso a paso e, se é posible, deixar a súa pegada ourensá no baloncesto británico.