Nolaskoain preto do Deportivo

0 minutes read

A pouco máis dunha semana do comezo da Liga, pero con máis de tres de mercado por diante, as estreituras económicas non evitan que o Deportivo siga activo no mercado. O central e mediocentro do Athletic, Peru Nolaskoain, parece chamado a se converter na oitava peza que caza Del Pozo este verán . «Tiven a posibilidade de falar co rapaz e a sintonía é total con el e o que hai que agardar é o momento para podermos acometer esa operación», asegura Carmelo del Pozo.