Non acaban de saírlle as cousas ao Calvo Basket Xiria

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria volveu a perder este domingo tras caer a domicilio co Obradoiro Ames na mañá deste domingo. Os de Héctor Méndez comezaron mal e reaccionaron tarde ante o seu rival chegando ao ecuador do partido perdendo de 9 puntos, 45-36. Tras a continuación, máis do mesmo, o Xiria estaba espeso e non reaccionaría ata entrado o último cuarto, onde se foron superiores ao conxunto local en xogo e resultado, pero xa non sería suficiente para o cómputo global que vencían os locais de 7, 90-83. Rubén Rey volveu a destacar como xogador Calvo da xornada con 21 puntos e 12 rebores en 39 minutos. Tócalle pasar páxina ao Calvo Basket Xiria e seguir traballando para mellorar algunhas fases do xogo, coa cabeza posta xa no próximo partido na casa fronte ao Culleredo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?