Unha das moitas concentracións no Centro de Saúde de Carballo en demanda de melloras sanitarias. Arquivo 2019.
39
Traballadoras e traballadores do Centro de Saúde de Carballo volveron a concentrarse este xoves ás 12:00 na entrada do centro. A Atención Primaria de Galiza volve mobilizarse ante o deterioro continuo que estamos a padecer, como se viu este verán onde se padeceron situacións de recortes insoportábeis na maior parte dos centros de saúde. Ante a falta de avances nas comisión de traballo creadas a raíz das anteriores mobilizacións, o persoal da atención primaria inicia novas mobilizacións con concentracións nos centros, antesala da manifestación que se fará o 26 de outubro.
Protesta de traballadoras/es do Centro de Saúde de Carballo.