Nova edición da Copa Galicia de Ciclocroos en Dumbría

1 minutes read

Coma cada ano, o Concello de Dumbría xunto coa colaboración do club ciclista Dumbría, organizan conxuntamente a tradicional proba da Copa de Galicia de ciclocross. Trátase dun conxunto de competicións cuxas diferentes probas se atopan incluidas no calendario oficial da Federación Galega de Ciclismo (FGC), cuxa titularidade é propiedade exclusiva da FGC.

As probas celébranse en diferentes datas e sedes ao longo da tempada 2019/20, establecéndose unha clasificación final como consecuencia do resultado da suma de cada proba.

Os corredores que desexen participar, deberán realizar a preinscrición en cada unha das probas a través do portal de inscricións da páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

Ainda así, os corredores/as están obligados a confirmar a súa participación debendo presentarse persoalmente ou a través do seu director deportivo ou representante de clube coa súa licenza ao Xurado Técnico na oficina permanente de cada proba desde unha hora e media antes da primeira saida.

As preinscrición, pechará o mércores anterior o día da proba as 23:59 horas. A oficina permanente para esta proba, estará situada nas instalacións deportivas municipais do Conco en Dumbría.

O horario da primeira saída será a de promoción, as 14,00h, a continuación daranse as saidas por categorias según a normativa vixente.

A carreira desputárase coma cada ano, no circuito de cross do Conco, un terreno que os corredores/as coñezen ben, e que, coas choivas destes días seguro que nos ofrecerán un gran espectáculo .Os equipos e corredores teñen aparcadoiro reservado para colocar o material necesario, así como servicio de duchas, lavado de bicicletas e cafeteria.