Nova edición do programa de baloncesto nas parroquias da Escola Basket Xiria

1 minutes read

O presidente do club, Primitivo Reguera, e o director técnico, Arturo Ferraces, presentaron o programa de baloncesto nas parroquias nun dos escenarios desta edición, na pista da Praza do Concello de Carballo, fixérono acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.

As citas serán o mércores 22 de decembro ás 16.00 horas (pistas deportivas da Praza do Concello) con equipos da categoría benxamín, e o martes 28 de decembro ás 16.00 horas (pistas deportivas do colexio de Mirón – detrás da igrexa) con equipos da categoría alevín.

O obxectivo da actividade é múltiple: favorecer a práctica deportiva, fomentar os hábitos de vida saudables, poñer en valor os recursos existentes en distintos puntos do municipio e fomentar o contacto interxeracional.