Nova edición dos Premios PEL, cun premio ás iniciativas innovadoras na loita contra a Covid-19

1 minutes read

Trátase duns galardóns enmarcados dentro da liña PEL-EMPRENDE do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, e que constitúen unha das citas anuais clave do sector empresarial da provincia. O seu obxectivo é o de recoñecer o esforzo e implicación das empresas, das asociacións empresariais e dos concellos da provincia no desenvolvemento económico e na creación de emprego e riqueza. O Boletín Oficial da Provincia publicou as bases reguladoras desta cuarta edición, e que este ano incorporan unha nova categoría para premiar as iniciativas innovadoras na loita contra a COVID-19.

As cinco categorías que conforman esta nova edición son:

1ª categoría: Premio á mellor iniciativa empresarial nova.

2ª categoría: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada.

3ª categoría: Premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19.

4ª categoría: Premio ao concello promotor do emprego de calidade.

5ª categoría: Premio á mellor asociación empresarial.