Un total de nove nenas e nenos das Escolas Balonmán Xiria están chamados aos diferentes adestramentos de cadasúa categoría para este domingo 17 coa Preselección Galega de Balonmán correspondente, que se suman a Fernando Vazquez como seleccionador do combinado xuvenil masculino.

Leticia Santos e Duna Barca, do Punta del Este Xiria infantil feminino adestrarán o domingo no Pavillón O Rosal de Moaña.
Por parte do infantil masculino Garaysa Xiria están chamados Xurxo Fraga, Pablo Veiga e Érik Vázquez, para un adestramento no Manuel Coto da Estrada.
Martín Fuentes e Julían García, cadetes do Grupo Lemaco Xiria masculino estarán o domingo no Manuel Coto da Estrada.
Por último, os xuvenís do Laber Xiria, citados tamén na Estrada, son Alex Gómez, Dani Mallo e Julio Ferreiro.