O Calvo Basket Xiria xogará este sábado, por segunda semana consecutiva, cun equipo de Gijón e tamén será o segundo (de tres) desprazamentos a estas terras asturianas, neste caso visita ao Real Grupo de Cultura Covadonga, unha entidade deportiva con case 100 anos de historia.
A pesares de que ocupan a última praza na clasificación, é un equipo ben formado, equilibrado e ben adestrado, que está a competir en todos os partidos ata o último alento, aínda que de momento semella que non lle están a saír ben os seus encontros.
O equipo carballés non se debe confiar nin un instante da posición que reflexa na táboa clasificatoria o equipo asturiano. Polo que terán que xogar como de costume, cun alto ritmo, correndo e con transicións rápidas, para facerse co partido dende o seu inicio.
Nesta semana o equipo de Héctor Méndez adestrou de xeito normal, a pesar dos festivos, e contará con todos os xogadores dispoñibles para esta 10º xornada da Liga EBA en terras asturianas.