Nova York ten novo alcalde socialista e musulmán

1 minutes read

Zohran Mamdani, de 34 anos e membro da facción socialista do Partido Demócrata, converteuse este xoves oficialmente en alcalde de Nova York. Será o máis novo desde 1892 e o primeiro de confesión musulmá. Mamdani realizou xura do cargo cun Corán sostido pola súa esposa, a ilustradora Rama Duwaji. O evento durou menos de cinco minutos e foi retransmitido a través da canle de Youtube da oficina do novo alcalde, que substitúe no cargo ao tamén demócrata Eric Adams, da á máis conservadora do partido e moi crítico coa súa chegada. A toma de posesión dividiuse en dúas partes. Primeiro unha cerimonia privada na medianoite encabezada pola fiscal xeral do estado de Nova York, Letitia James, e despois unha multitudinaria festa ao aire libre durante o día de Aninovo en exterior da Alcaldía, onde volveu a prestar xuramento ante o senador Bernie Sanders.