Os deejays, locutores de Novahit radio e produtores galegos, o sadense Dj Frisco e os vilalbés Marcos Peón, actúan este sábado en Ecuador. Será na capital, Quito, onde se celebrará un festival de música electrónica. Estarán acompañados polo tamén español David Tavaré, un dos artistas internacionais máis recoñecidos nos anos 2000 grazas a singles como “Summerlove” ou “Hot summer night” coas que alcanzou os postos máis altos de vendas e das listas de éxitos do momento.
A unión dos tres artistas xa vén de “lonxe” xa que a principios do 2025 lanzaron xuntos un single titulado “Summer estafe” que o denominan como “a segunda parte do Summerlove” e que foi lanzado polo selo Label, de EMPO TV, unha das discográficas con máis repercusión a nivel mundial.
Non será a primeira vez que os artistas galegos crucen o charco para levar as súas enérxicas sesións, xa que xa visitaron México e Nicaragua.
Así México, Nicaragua e Ecuador únense á lista de países onde este dúo de djs tiveron a oportunidade de actuar, países como Romanía, Suíza, Francia ou Portugal, ademais de gran parte da xeografía española.
Dj Frisco e Marcos Peón están en plena celebración dos 20 anos de carreira xuntos
Ao longo destes anos actuaron en salas e festivais de referencia como Mad Club (Lausanne, Suíza), Discoteca Troco (Vilalba, Lugo),Palazzio (Figueres), Le Lodge (Córsega, Francia), Coco (Madrid), Le Grand (Cádiz), Oasis (Zaragoza), Berlín 89 (Tenerife), Mica Club (Lausanne, Suíza), Zanzibar (Wholen, Suíza), Bar a Beach (Córsega, Francia), Torreluna (Zaragoza), B3 (Sevilla), Keops (Mallorca), Discoteca Queen (Porriño, Vigo),Axxwel Club (Puebla, Mexico), Bamboo Club (Bucarest, Romanía), Discoteca Hermo (Muimenta, Lugo)Festival Managua (Nicaragua) entre moitos outros, ademais de eventos multitudinarios como Electronic Neon Fest (México) , Sons do Mon (Roses), Fever Music Festival (Xaén), Penedo Rock (Tenerife), Tripode Remember Fest (Don Benito) ou Electronic Lucus Fest (Lugo), Festival do que son os creadores.
No plano discográfico, o seu impacto foi igualmente notable. Os seus lanzamentos lograron posicións destacadas nas principais clasificacións dixitais. Cancións como «Summer estafe» (Xunto a David Tavaré), «Blame the Boogie», «Gloria», «Knew you were waiting», “Sara Perche” ou “My Kisses” alcanzaron o número 1 en listas de electrónica e iTunes en países como Bulgaria, Irlanda, Austria, Emiratos Árabes Unidos, Namibia ou Eslovaquia, ademais de entrar nos Top 10 e Top 20 de Beatport en categorías como House, Funky House ou Hype. Algúns dos seus traballos chegaron a ser número un en iTunes en ata 14 países, confirmando a súa proxección global.
O respaldo da industria tamén se reflicte no apoio de figuras crave da escena electrónica internacional como Fedde Le Grand, Benny Benassi, Lucas.