37
En Europa cada vez máis países suspenden as vacinacións co tratamento de AstraZeneca polos poucos casos de trombos en persoas xa vacinadas. As autoridades sanitarias descartan que a vacina provoque problemas sanguíneos, pero a Axencia Europea do Medicamento mantén aberta unha investigación e insiste que os beneficios do tratamento superan os riscos. E que non hai indicios de que provoque os trombos. Estanse a investigar todos os casos e tamén outras patoloxías circulatorias logo da vacinación coa dose de AstraZeneca, Bulgaria súmase aos seis países liderados por Dinamarca e Austria que frearon as inmunizacións con esa vacina. E Italia e Romanía bloquean a entrega dun lote.