Novidades no sistema operativo para mellorar a extinción de incendios forestais

1 minutes read

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu xunto co conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para este ano 2022.

Declaracións de Diego Calvo.

Este comité, que estará operativo desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro, ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na comunidade galega, co fin de sumar sinerxías e anticiparse aos lumes forestais.

Entre as novidades deste ano destaca a creación dun Sistema estrutural de mando operativo co fin de mellorar a seguridade e a eficacia na extinción de incendios forestais. Deste xeito, este mecanismo permitirá liberar de tarefas secundarias ao director técnico de extinción de cada lume, reforzando o seu papel na coordinación do dispositivo. Ademais, a Rede de vixilancia fixa nos montes sumará seis novas cámaras con tecnoloxía de última xeración ata acadar as 148 en 74 localizacións e cubrir preto do 70% do territorio.