28
A cidade de Zaporiyia volveu a espertarse este domingo cunha nova imaxe de horror da guerra, despois de que un novo ataque ruso con mísiles impactase contra edificios residenciais deixando polo menos 13 mortos e decenas feridos, entre eles nenos, segundo o departamento de policía. Previamente, o secretario do concello de Zaporiyia, Anatoly Kurtev, informara de 17 falecementos. En total, Ucraína asegura que se lanzaron 16 mísiles S-300, moi destrutivos, e que os rusos empregan para derrubar avións, pero que agora usan tamén contra obxectivos terrestres.