Sito Seoane formará parte do plantel do primeiro equipo ata final de temporada, trátase dun dianteiro/extremo (Miami, USA | 16/03/1989) de Betanzos, desenvolveu a maior parte da súa carreira futbolística fóra das nosas fronteiras, xogando como profesional en Islandia, Canadá e Estados Unidos.
Procede do ÍBV Vestmannaeyjar, equipo que milita na máxima categoría do fútbol de Islandia.
Sito comezou na súa etapa xuvenil no Atl. Coruña Montañeros e pasou por outros equipos galegos como o Maravillas SD ou o Laracha Club de Fútbol. No 2012 múdase a USA para xogar ao fútbol universitario no San Jacinto College en Houston. Os dous anos existosos vividos alí valéronlle a Sito para facer unha proba co Houston Dynamo FC da MLS.