Novo equipamento para Protección Civil de Santiago

1 minutes read

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu á conmemoración do XXV aniversario de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Santiago de Compostela e á presentación dos tres vehículos adquiridos no marco do convenio de colaboración asinado o pasado outubro xunto coa Deputación da Coruña e o Concello de Santiago para reforzar o seu equipamento de emerxencias. Ao acto tamén acudiu o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, representantes da Deputación coruñesa e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Rueda puxo en valor que a colaboración entre administracións permite poñer máis e mellores servizos á disposición da cidadanía, como este convenio no que a Xunta investiu 55.000 euros para a adquisición dun vehículo todo camiño, un todoterreo e un furgón de emerxencias para os servizos de protección civil da cidade. Este equipamento contribuirá a mellorar a eficacia nas intervencións da agrupación, entre elas a atención aos peregrinos que percorren as distintas rutas do Camiño de Santiago.