Novo éxito da Festa do Percebe de Aguiño


Trátase dunha cita gastronómica que chegou este ano á súa XXIII edición co fito de ser declarada o pasado mes de maio como festa de interese turístico galego polo Consello da Xunta. Con este recoñecemento o Executivo galego pon en valor a lonxevidade dun evento vital para a promoción deste crustáceo e a cita gastronómica máis importante para o concello de Ribeira.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou que este distintivo supón un recoñecemento á confraría de pescadores de Aguiño-Carreira e ao concello da localidade así como ao traballo dos percebeiros polo seu arriscado labor e ao propio percebe, pola súa excelencia.