Novo reparto de máscaras reutilizables nos centros de ensinanza de Carballo

1 minutes read
  • Nos próximos días distribuiranse 1.200 máscaras entre o alumnado da ESO

A Concellaría de Igualdade e Benestar de Carballo repartirá a vindeira semana, coincidindo coa volta ás aulas na totalidade dos centros, 1.200 máscaras homologadas, reutilizables e fabricadas en Carballo entre todo o alumnado de ESO. Antes do Nadal xa se realizara un primeiro reparto de máis de 2.500 máscaras entre os nenos e nenas de infantil e primaria.

Con esta iniciativa, desde a Concellaría búscase un dobre obxectivo social: reducir o gasto que teñen que realizar as familias para poder dotar aos nenos da protección necesaria fronte á Covid-19, e utilizar un elemento tan visible para difundir mensaxes que permitan crear conciencia contra as desigualdades xa dende a infancia.

As máscaras que se están a repartir, tanto en infantil e primaria coma na ESO, levan o lema “Construíndo igualdade”, xunto con dúas pezas de crebacabezas.