Tres persoas morreron e outras 17 feríronse nun tiroteo na madrugada do domingo nunha discoteca na localidade de Chatanooga, en Tennessee, nos Estados Unidos.
A policía tras recibir o aviso chegou ao lugar, onde localizou varias vítimas ás que lles prestou atención sanitaria.
Un total de 17 persoas recibiron feridas de bala e tres máis foron atropeladas polos coches nos que a xente fuxía do lugar. Dous dos falecidos morreron por impacto de bala e o terceiro nun atropelo.
A policía traballa coa hipótese de que os atacantes foron varios tiradores con armas diferentes, pero polo de agora non houbo detencións nin se identificaron vítimas nin sospeitosos dos feitos.
É o segundo tiroteo da xornada tras o rexistrado en Filadelfia con outros tres mortos e once feridos nunha zona de ocio.