42
- Material de obra ou roupa inundan algunhas cunetas
O Concello de Vimianzo volve a denunciar nas súas redes sociais «lamentables imaxes» de vertidos incontrolados de material de obra, recheos de sofás e moita roupa en varias cunetas.
Desde o goberno local lembran que na localidade existe un punto limpo para depositar este tipo de residuos así como contedores específicos para as pezas de roupa dándolles así unha segunda oportunidade.