Novo vehículo para a Policía Local de Malpica de Bergantiños

0 minutes read

A Policía Local de Malpica de Bergantiños conta desde este luns cun novo vehículo, que permitirá mellorar os servizos de seguridade cidadá e a capacidade operativa no municipio.

Esta adquisición foi posible grazas a unha subvención competitiva concedida pola Dirección Xeral de Administración Local, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental 2025, cunha contía de 32.186 €.

«Seguimos a traballar para dotar aos servizos municipais dos medios necesarios que garantan unha atención máis eficaz, segura e próxima á veciñanza, un paso máis para mellorar a seguridade e o benestar en Malpica de Bergantiños», conclúen desde o Concello.