Novos desfibriladores para Protección Civil de Santa Comba, Negreira, A Pobra e Muros

1 minutes read

O equipamento entregado inclúe un desfibrilador externo cun mínimo de dous xogos de parches de electrodos, un xogo de dúas baterías, cable de conexión a porto USB, kit de reanimación cardio-pulmonar e mochila impermeable. O DESA é un aparato electrónico portátil sinxelo de manexar que identifica e trata a parada respiratoria. A súa efectividade radica na identificación automática da fibrilación ventricular ou a unha taquicardia ventricular sen pulso restablecendo un ritmo cardíaco efectivo eléctricamente. É moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que na súa maior parte son debidos a que o corazón fibrila e o seu ritmo non é o adecuado, estes equipos basicamente devolven o ritmo adecuado ao corazón.

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou na entrega deestes catro desfibriladores externos semiautomáticos destinados a reforzar o material dos servizos de emerxencias municipais. Con esta cesión complétanse as dotacións solicitadas polos concellos de menos de 20.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Os catro equipos entregaronse aos concellos de Negreira, Santa Comba, Muros e A Pobra do Caramiñal.