2
Este domingo 30 de novembro celebrouse o Campionato de Galicia de Medio Maratón coincidindo co III Medio Maratón do Concello de Vilagarcía de Arousa, proba na que a A.D. Fogar contou coa participación de Nuno Moure Fernández entre os preto de 350 atletas inscritos á proba. Nuno que pertence á categoría sub 20 callou unha máis que destacada actuación gañando o ouro da súa categoría e rematando na 7ª praza absoluta cun tempo de 1 hora, 8 minutos e 51 segundos a ritmo de 3 minutos e 15 segundos o quilómetro. Con esta mellor marca persoal Nuno volveu a bater o récord absoluto do club e acadou a mínima para o nacional absoluto da distancia.