Nuno Moure e Iria Barreiro pecharon unha gran fin de semana no Campionato de Trail Running Classic

2 minutes read

Sétimo posto tamén no Campionato de España por FF.AA.

O pasado sábado día 14 de febreiro, en Barbadás, Nuno Moure Fernández representou á A.D. Fogar no XI Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Classic no que obtivo un moi bo resultado. O atleta da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros cruzou a liña meta en segunda posición do trail curto para facerse coa medalla de prata da categoría sub 23, completando o percorrido nun tempo de 1 hora, 5 minutos e 25 segundos.
O mesmo sábado na Expourense, Iria Barreiro Matos da categoría sub 18, correu os 400 m.l. no Campionato Galego Absoluto de Pista Curta. A do Fogar fixo unha mellor marca persoal de 59 segundos e 57 centésimas, coa que foi 9ª batendo o récrod absoluto do club e certificando a mínima B para o Campoinato de España sub 18.
A vindeira cita para @s atletas do Fogar será o II Meeting de Ourense Categorías Base (sub 10, 12 e 14) a celebrar na cuberta da Expourense o día 21 de febreiro. No mesmo tomarán parte Angel Mira, Marcos García, Rafael García e Rosalía Cid.

Sétimo posto tamén no Campionato de España por FF.AA.

Alba Lamas, Noa Ferreiro e Anxo Fuentefría callaron a pasada fin de semana en Pontevedra unha boa actuación coa Federación Galega de Natación no XIV Campionato de España de Natación Infantil e Júnior por seleccións autonómicas. A título individual os mellores resultados da A.D Fogar foron os récords absolutos do club nos 50 e 100 costas e a mellor marca do club dos 15 anos nos 200 costas de Alba Lamas ademáis do récord do club de 15 anos de Noa Ferreiro nos 100 libres. En canto ás mellores clasificacións, Anxo Fuentefría acadou a 9ª praza júnior nos 200 braza, Alba Lamas a 14ª infantil nos 50 costas e Noa Ferreiro a 23ª infantil nos 100 libres. No colectivo @s de Carballo contribuíron a que o combinado galego sumara 1.145 puntos para rematar na 7ª praza conxunta por detrás de Cataluña (1.881,50), Madrid (1.748), Andalucía (1.643), Valencia (1.338,50), Euskadi (1.242,50) e Castilla La Mancha (1.155).