- O evento está organizado polo Concello de Zas xunto coa Asociación de Centro Legales de Cría y Cuidado Responsable e o Centro Veterinario Cenvet.
Será na Praza Jorge Mira Pérez de Baio a partir das 10:00 horas. Tras a inauguración do evento, realizarase unha exposición con criadores profesionais que serán valorados por xuíces para a clasificación no campionato galego Ascelcre/Expogal.
Ao igual que o ano pasado, haberá un concurso canino local aberto a todas as persoas que desexes participar co seu can e que se celebrará ao redor das 11:30 horas. Entre todos os participantes haberá un sorteo de agasallos e tamén haberá un premio especial para o can máis guapo e para o máis simpático. Para participar é necesario anotarse previamente no Centro Sociocultural de Baio, no número de teléfono 981 718 056 ou a través do formulario https://bit.ly/concursocanino25. A inscrición é de balde.
Unha vez rematado o concurso local, haberá unha exhibición canina que realizarán os criadores profesionais con destacados exemplares. O evento remata ao redor das 13:30 horas coa entrega de premios.