O 25º Rallye A Coruña pasará polo concello da Laracha

1 minutes read
  • A vía que comunica Currelos, As Salgueiras, Insuaboa e A Ferradura con Cerceda permanecerá pechada ao tráfico desde as 16:00 horas este sábado

Esta fin de semana celébrase a 25ª edición do Rallye A Coruña, unha competición de referencia autonómica que dará comezo ao Campionato Galego desta modalidade deportiva e na que están inscritos 153 participantes.

Un sector dos tramos cronometrados (TC) 7 e 9 pasará polo termo municipal da Laracha, en concreto pola estrada da parroquia de Soandres que comunica o lugar de Currelos co concello veciño de Cerceda pasando por As Salgueiras, Insuaboa e A Ferradura.

A saída do primeiro vehículo está prevista ás 17:01 horas no TC 7 e ás 20:05 horas no TC 9. É por iso que a vía permanecerá pechada ao tráfico o sábado desde as 16:00 horas e ata o remate da proba. Máis información en www.rallyeacoruna.com.