- As maiorías non son claras en Ponteceso e deixan a Malpica en mans de Alfredo Cañizo. O PSOE refórzase en Cerceda, Vimianzo, Camariñas, Cee e Dumbría ante un Iago Toba que resiste en Muxía. Corcubión pasa a mans do BNG, que se reforza en Carballo, e Alternativa dá a sorpresa en Fisterra. Santa Comba terá un goberno socialista da man de Alberto Romar.
Carballo: Evencio Ferrero (BNG) será alcalde de novo. O BNG consolida a súa maioría absoluta e terá 13 actas no pleno de Carballo mellorando nun edil con respecto a 2019. O PP sobe dous edís ata os 6. O PSOE perde un edil e quédase con 2 na corporación carballesa. Vox, Xuntos Carballo M+J e Podemos non obteñen representación.
A Laracha: José Manuel López Varela (PP) revalida a alcaldía. O PP pasa de 11 a 12 edís mellorando a súa maioría absoluta. O BNG pasa de 2 a 3 edís e o PSOE perde dous edís e pasa de 4 a 2.
Cerceda: O PSOE crece e revalida a alcaldía. O PSOE seguirá gobernando Cerceda ao gañar dous concelleiros e pasar de 7 a 9. O PP perde eses dous concelleiros e quédase con 3. O BNG mantén o seu edil.
Coristanco: O PP duplica o seu resultado con Juan Carlos García como alcalde. O PP pasa de 5 a 10 concelleiros e faise coa maioría absoluta. O PSOE gaña un edil e pasa de 1 a 2. O BNG mantén 1 concelleiro do mesmo xeito que na anterior lexislatura. Vox non entra na corporación.
Santa Comba: Alberto Romar (PSOE) desposúe a María Pose da alcaldía. O PSOE faise coa alcaldía de Santa Comba tras conseguir un edil máis e pasar a 7. O PP mantén os 6 que xa tiña.
Cabana de Bergantiños: Muíño (PP) mantén a absoluta ante un BNG en subida. José Muíño volverá ser alcalde de Cabana de Bergantiños aínda que se deixa un concelleiro e pasa de 8 a 7. O BNG de Tatiana Rellán faise con 4 actas e o PSOE desaparece da corporación.
Ponteceso: A fragmentación deixa un escenario no aire. Ponteceso achégase a un escenario incerto ante a falta de maiorías. O PSOE de Xosé Lois García Carballido déixase tres actas e perde a maioría absoluta deixando a súa vitoria en 5 concelleiros. Os 4 concelleiros do PP, 2 de Partido Galego, 1 de Adiante por Ponteceso e 1 do BNG completan unha corporación con cinco grupos distintos.
Malpica: Mesmo escenario que hai catro anos. O cambio de siglas de Alfredo Cañizo é o único que cambia desde os resultados de 2019. Mantéñense 6 actas para o PP, 4 para o PSOE, 2 para o BNG e 1 para A.I.M. Vox non entra na corporación.
Laxe: Pérez Añón (PP) renova na alcaldía ante un PSOE en caída libre. José Luis Pérez Añón volverá ser alcalde de Laxe polo Partido Popular despois de repetir os 6 edís que xa tivo hai catro anos. O PSOE déixase 3 actas e pasa de 4 a 1. Crece o BNG de 1 a 3 e entra Podemos na corporación cunha acta de concelleiro.
Vimianzo: Mónica Rodríguez (PSOE) faise cunha maioría absolutísima. Mónica Rodríguez será alcaldesa de Vimianzo catro anos máis polo PSOE. Mellora en 4 edís os resultados de hai catro anos e pasa de 6 a 10 concelleiros. O BNG obtén dúas actas e o PP déixase unha acta e queda con 1.
Camariñas: Sandra Insua (PSOE) garante a continuidade. Sandra Insua será alcaldesa de Camariñas novamente polo PSOE. Mantén os 8 concelleiros de hai catro anos. Tamén se manteñen os resultados de PP e BNG con 4 e 1.
Zas: Muíño (BNG) mantén a absoluta. Manuel Muíño será alcalde de Zas catro anos máis. Déixase un edil e pasa de 8 a 7. O PP mantén os 3 e o PSOE irrompe na corporación con 1 edil.
Muxía: Iago Toba (PSOE) gana as eleccións cun escenario por definir. Iago Toba gaña as eleccións en Muxía co PSOE como primeira forza. Faise con 5 concelleiros sen alcanzar a maioría absoluta. O PP queda con 3 actas, Independentes por Muxía irrompe con 2 e o BNG mantén 1.
Dumbría: Raúl González (PSOE) toma a substitución de Pequeño. Raúl González será alcalde de Dumbría tras tomar a substitución do rexedor durante catro décadas, José Manuel Pequeño. Déixase dous edís pasando de 9 a 7. O PP mantén as súas dúas actas e o BNG faise con dous edís na corporación.
Cee: Margot Lamela (PSOE) faise coa absoluta. Margot Lamela será alcaldesa de Cee catro anos máis, esta vez con maioría absoluta. O PSOE gana 3 edís, o PP mantén os 3 de hai catro anos e o BNG queda con 2.
Corcubión: Drok (BNG) podería ser alcalde. Francisco Javier Domínguez (Drok) faise con 4 concelleiros e duplica os resultados de 2019. O PSOE perde un edil e quédase con 1. O PP gaña un edil e sobe a 2. Sempre Corcubión faise cunha acta e o PACOR queda moi preto de entrar na corporación pero desaparece do Concello de Corcubión.
Fisterra: O voto de castigo ao bipartito podería darlle a alcaldía a Alternativa dos Veciños. O PP de Fisterra gañou as eleccións con 5 concelleiros. A gran sorpresa é Alternativa dos Veciños que irrompe con 3 edís. O bipartito de goberno perde 3 edís. O PSOE pasa de 4 a 2 e o BNG de 2 a 1.