O 52% dos españois pasarán á fase 3 este luns

1 minutes read
  • Máis de 24 millóns de persoas incorporaranse á fase 3 e 23 cidadáns españois poderán realizar as actividades recollidas na fase 2

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou este venres os territorios que a partir do próximo luns pasarán ás fases 2 e 3. Isto supoñerá que un 52% da poboación, máis de 24 millóns de persoas, incorporarase á fase 3; e un 48%, outros 23 millóns, poderá realizar as actividades recollidas na fase 2.

O ministro anunciou tamén que o vindeiro martes se aprobará en Consello de Ministros o real decreto que sentará as bases para unha nova normalidade.

Illa lembrou que o proceso de transición a unha nova fase se leva a cabo seguindo o proceso de cogobernanza establecido. Como vén realizando cada semana, o Ministerio de Sanidade mantén reunións bilaterais coas comunidades autónomas que presentan solicitudes para cambiar de fase ou obter unha maior flexibilización das medidas.

As medidas establecidas para a fase 2 están detalladas na orde do pasado 16 de maio, dispoñible no Boletín Oficial do Estado (BOE); así como as medidas da fase 3, que publicou o BOE nunha orde o pasado 30 de maio.

Territorios que pasan á fase 2: Castela e León, Cataluña (rexión sanitaria de Barcelona coas rexións sanitarias Metropolitana Norte e Metropolitana Sur e Rexión sanitaria de Lleida) e a Comunidade de Madrid.

Territorios que pasan á fase 3: Andalucía, Aragón, Asturias, Illas Baleares*, Canarias*, Cantabria, Castela-A Mancha (Guadalaxara e Cuenca), Cataluña (rexións sanitarias de Alt Pirineu i Aran, Terres de l’ Ebre e Camp de Tarragona), Estremadura, Galicia, A Rioxa, Navarra, Melilla, Murcia e País Vasco.

As Illas de Formentera (Baleares) e A Gomera, O Hierro e Graciosa (Canarias) xa pasaron a fase 3 o luns 1 de xuño.