O aeroporto coruñés de Alvedro pechado por obras ata o domingo

0 minutes read

O aeroporto coruñés de Alvedro interrompe a súa actividade catro fins de semana consecutivas desde este venres.  A causa do peche son as obras no pavimento da pista e no sistema de iluminación. Aena calcula que se van a ver afectadas unhas 70 operacións en cada fin de semana de peche. Algunhas compañías optaron por cambiar os voos e noutros casos decidiron mudarse temporalmente a outros aeroportos. Tamén realizaron modificacións na súa axenda semanal para salvar algúns enlaces, cambiando o día das súas operacións.