Así, se acordou na reunión presidida polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e que contou con representación da Delegación de Goberno e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), onde se indicou que na toma desta decisión o Goberno galego tivo en conta opinión de representantes do sector turístico, con quen xa acordou esta medida o pasado martes, así como a evolución dos datos epidemiolóxicos da Comunidade.
Os locais deben manter as medidas de seguridade establecidas polo Ministerio de Sanidad. Neste sentido, a Xunta, a través do Plan de Reactivación do sector turístico, reservou un total de 5M€ no marco do programa Galicia destino seguro para –entre outras medidas– favorecer a adecuación hixiénico-sanitaria dos establecementos hostaleiros, garantindo a seguridade de traballadores e usuarios.
Alfonso Rueda indicou que “aprobase esta ampliación do aforo ata o 50% dos locais de hostalería en toda Galicia cunha especial chamada de atención á responsabilidade aos usuarios da hostalería e o sentidiño que se reclama sempre dende a Xunta de Galicia para poder seguir progresando durante esta pandemia, seguir pasando de fase e pouco a pouco ir recuperando a nosa vida normal”.