O Alcalde agradece o trato que recibe Ponteceso por parte da Consellería de Sanidade

1 minutes read

Lois García Carballido emitiu un comunicado no que agradece a Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade, que lle detallara as obras solicitadas no Punto de Atención Continuada (PAC) de Ponteceso.
Segundo informou a Consellería de Sanidade, as obras previstas inclúen, en primeiro lugar, a substitución do solo vinílico por importe de 20.880 euros. Así mesmo, tamén está prevista a reparación do teito e canalóns por importe de 44.641 euros. Ambas as dúas xa adxudicadas.
Inclúese ademais como obra prevista a pintura exterior e interior da instalación, por importede 7.000 euros, que será contratada tan pronto como rematen as obras do teito e canalóns.
O Alcalde felicita tamén ao Conselleiro pola xestión da campaña de vacinación contra a COVID-19, na que colaborou Protección Civil de Ponteceso trasladando ás persoas sen recursos a Expocoruña para que puidesen completar correctamente a súa pauta.